A intelixencia artificial (IA) defínese como a ciencia e a enxeñaría que permite deseñar e programar máquinas capaces de levaren a cabo tarefas que requiren intelixencia para ser realizadas. O seu potencial económico e social é indiscutible e está a proporcionar ás empresas unha nova gama de oportunidades que permite unha mellora nos seus procesos, cubrindo as necesidades dos clientes e reforzando o tecido empresarial en xeral.
As entidades que
impulsan AI4Galicia prestan servizos de alto valor engadido como os que se describen a seguir:
Servizos de I+D e tecnolóxicos
AI4GALICIA ofrece a aplicación aos distintos sectores empresariais da investigación relacionada coa intelixencia artificial. Os seus centros de competencia ofrecen coñecementos, capacidades e experiencia en:
- Aprendizaxe máquina
- Visión artificial
- Robótica
- Procesamento de linguaxe natural (PNL)
- Sistemas intelixentes
- Big data
- Sistemas e recuperación de información
- Técnicas estatísticas e optimización matemática
- Computación de altas prestacións (HPC)
- Redes e servizos intelixentes (5G. IoT)
- Ciberseguridade
Formación e capacitación
Para mellorar as oportunidades das empresas é imprescindible recrutar e reter persoal altamente cualificado, así como formar os seus traballadores nas habilidades necesarias para manexar as tecnoloxías da intelixencia artificial. Este é un dos principais obxectivos de AI4GALICIA, que ofrece:
- Competencias técnicas superiores: graos en Enxeñaría Informática, Ciencia e Enxeñaría de Datos, Xestión Dixital de Información e Documentación, e en Creación Dixital, Animación e Videoxogos.
- Másteres e doutoramentos oficiais orientados ao mercado: ciberseguridade, bioinformática, computación de altas prestacións (HPC), xeoinformática, matemática industrial, técnicas estatísticas, computación, redes móbiles etc.
- Formación en habilidades transversais: proxectos europeos, patentes e rexistros de sóftware, normas de calidade, comunicación etc.
- Cursos especializados para empresas: blockchain, deep learning, phyton, VMWARE, supercomputación e matemática financeira etc.
- Coaching e mentoring
- Eventos e workshops específicos: Big Data Coruña, Workshop Galicia Machine Learning, Ciclo CiberCoruña, Congreso XoveTIC, Xornadas sobre Seguridade e Defensa etc.
Xestión da innovación
AI4GALICIA ofrece servizos de soporte ao longo do ciclo de vida vinculado á xeración e valorización do coñecemento:
- Protección da propiedade intelectual e de resultados (IPR)
- Transferencia de coñecemento
- Estratexias de innovación e roadmaps tecnolóxicos
- Modelos de explotación de resultados
- Identificación de ecosistemas coñecemento-validación-mercado
- Conexión con outros hubs
- Programas de incubación e aceleración de start-ups e spin-offs
Desenvolvemento de negocio
AI4GALICIA apoia as empresas na busca de oportunidades a nivel estatal e europeo para poder desenvolver e incorporar novas tecnoloxías dixitais nos seus procesos produtivos. Os servizos que se ofrecen neste ámbito son os seguintes:
- Asesoramento para o acceso a financiamento da I+D (rexionais, nacionais e europeas)
- Vixilancia tecnolóxica
- Acceso a redes e plataformas tecnolóxicas estatais e europeas
- Participación en eventos de brokerage e networking